Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2020

Outubro de autoras!

Imaxe
O 14 de outubro foi o día das escritoras e nas redes sociais úsase o cancelo #leoautorasoct para que neste mes nos animemos a ler libros escritos por mulleres.  Para celebralo propóñovos que me mandedes unha foto na que saiades co voso libro favorito escrito por unha autora. Pode ser tamén un vídeo. Ou se vos da moita vergoña, podedes mandar foto só do libro. Despois veremos todas as fotos na clase, poderedes compartilo coas vosas compañeiras e compañeiros e explicar todo o que queirades sobre o voso libro! Se a alguén tamén lle da moita vergoña falar, pode traelo escrito.  Ao final de todo faremos un collage con todo o material e poderemos compartilo entre nós para ter máis ideas de libros para ler! As profes tamén se poden animar! Eu levarei o meu ao cole para que o vexades 😀 Agardo os vosos libros en: mariabelensanchezveiga@edu.xunta.gal

Videoconto: A miña profe é un monstro.

Imaxe
Este vídeo fixémolo en tempo de confinamento para mandarllo aos meus nenos e nenas para celebrar o día do libro. Agardo que vos guste!

Tina e Tin, canción personalizada.

Imaxe
Se en  google  escribimos: TINA Y TIN e o noso nome sairanos unha canción personalizada para nós (por exemplo:  tina y tin Belén ). Seguro que a moitos dos nosos nenos e nenas lles gusta! (aínda que non están todos os nomes do mundo mundial). Agardo que vos guste!

Ludilo. Descargas gratuitas para imprimir.

Imaxe
A páxina web de  Ludilo  ofrécenos unha serie de recursos demo moi interesantes para descargar de maneira gratuita e poder imprimir: A demo de TACO GATO CABRA QUESO PIZZA .  A demo do xogo PALABREA .  Os dados YOGI FUN . 

Apps para traballar discriminación auditiva.

Imaxe
Ola a todos e todas! Nestes posts compartirei todas as apps que utilizo para traballar co alumnado dende a miña tablet.  Están descargadas nun sistema iOS pero podedes buscar se as hai para Android.  Todas as apps son gratuitas, polo menos na súa demo, e logo danos a opción de, se queremos, mercala para ter completa. Intentarei clasificalas igual que as teño nas miñas carpetas. Premendo no nome do programa iredes á páxina de descarga. Fist sounds. My first app. Juego para niños. Sound Touch Lite. Kids Animal Piano. Laugh and learn. Animal sounds. Sonidos de animales.

App gratuita de cuadernos Rubio.

Imaxe
Cuadernos Rubio facilita estes días os seus cuadernos na súa app de maneira gratuira. Podedes descargala premendo aquí.

Apps para traballar procesos cognitivos básicos.

Imaxe
Ola a todos e todas! Nestes posts compartirei todas as apps que utilizo para traballar co alumnado dende a miña tablet.  Están descargadas nun sistema iOS pero podedes buscar se as hai para Android.  Todas as apps son gratuitas, polo menos na súa demo, e logo danos a opción de, se queremos, mercala para ter completa. Intentarei clasificalas igual que as teño nas miñas carpetas.  Procesos Cognitivos Basícos (PCB): Memoria, razoamento, percepción e atención: Matching game 1. Hug and Dug.  Matching game 2. Hug and Dug.  Match it up 1. My first app.  Match it up 2. My first app. Match it up 3. My first app. Maze game 1. My fisrt app.  Maze game 2. My first app.  Maze game 3. My first app.  Easy mazes for kids. Tiny hands..  Series 1. My first app.  Series 2. My first app.  Series 3. My first app.  Build it up. My first app.  Complete the series 1. My first app.  Complete the serie...

Pictos para explicar o coronavirus.

Imaxe
Aquí vos deixo unha serie de materiais sobre o coronavirus en galego e adaptados con pictos para aquel alumnado que o precise. Podedes entrar premendo aquí . Autor pictogramas: Sergio Palao Procedencia: ARASAAC (http://arasaac.org Licencia: CC (BY-NC-SA) Propiedad: Gobierno de Aragón Autora: Nerea Ortiz Moreno https://compartiresvivirweb.wordpress.

Información do coronavirus para nenos e nenas.

Imaxe
Natalia Pedraza dende o diario de Colombia, El Espectador, fixo esta serie de ilustracións para ensinarlles aos máis pequenos e pequenas da casa. Podes acceder a elas pinchando aquí .  .

Explicación do coronavirus para nenos e nenas.

Imaxe
Todo comeza aquí, trala necesidade de teletraballar debido á pandemia e centralizar recursos online a través dun blogue. Se entrades no enlace pinchando aquí   atoparedes un pdf creado por Manuela Molina e dispoñible en varios idiomas para poder facer un pequeno achegamento para os pequenos e pequenas da casa. Trae unha breve explicación, un traballo de emocións e consellos a seguir.